Go to Homepage
[Subject: Biology]
- Parte final das pernas do home e das patas dos animais, que sostén o corpo e que se apoia no chan ó andar.
Translated by: XABIER GUARDADO SOLIÑO
Translated in 187 languages
[Subject: Metrology & Standardization]
- Medida de lonxitude, utilizada sobre todo en aviación, que equivale a uns 30,48 cm.
Translated by: ANTÓN MÉNDEZ GÁNDARA
Translated in 20 languages
[Subject: Botany]
- Especificamente, a parte inferior do talo de plantas ou árbores, ou a planta mesma. Exem. Cortar unha árbore polo pé.
Translated in 2 languages
[Subject: Idiomatic Expressions]
- ÓS PÉS DE: Posternado diante dalguén.
Translated in 1 languages
- NACER DE PÉ: Ter moi boa sorte.
- NON DAR PÉ CON BÓLA: Equivocarse seguido.
- NON TER ALGO PÉS NIN CABEZA: Estar tan mal que non se entende, non ter sentido.
- Ó PÉ DE: Ó lado de e tamén arredor de, aproximadamente.
- Ó PÉ: Ó lado. Exem: O estanco? Aí ó pé.
- ÓS CATRO PÉS: Correr moito
- TER PÉS DE BARRO: Ser de base pouco ou nada cimentada ou sólida.
- PARAR OS PÉS A ALGUÉN: Impedir que vaia máis aló do debido.
- FACER PÉ: Estando na auga, poder tocar co pé no fondo mantendo a cabeza fóra dela.
- PÓR OS PÉS: Ir a algún lugar. Exempl. Dende aquel día non volveu pór (ou poñer) os pés naquela casa.
- PÓR OU POÑER EN PÉ: Instalar, facer funcionar, organizar [un negocio, unha empresa, etc.].
- POÑER OU PÓR PÉ EN TERRA: Baixar dun vehículo, navío ou aeronave.
- SABER DE QUE PÉ COXEA: Coñecer ben a alguén.
- TER ÁS NOS PÉS: Ser moi rápido na carreira.
- TER OS PÉS NO CHAN ou NA TERRA: Ser realista.
- PERDER PÉ: Deixar de facer pé.
- DOS PÉS Á CABEZA ou DA CABEZA ÓS PÉS: Totalmente, completamente.
- EN PÉ DE GUERRA: Preparado para entrar en guerra en calquera momento.
- A PÉ: Andando
- Cousa que constitúe a parte inferior dun obxecto ou base na que se apoia. Exem. Os pés dun armario. O pé dunha estatua. Unha lámpada de pé.
[Subject: Hydraulic Engineering]
- Peza do muíño consistente nunha pedra cilíndrica fixa, cun furado no medio, sobre a que xira a capa ou moa.
[Subject: Agriculture & Related Technologies]
- Columna, xeralmente de pedra, que sostén o hórreo e sobre a que vai a capa.
[Subject: Textiles]
- Medida do calzado que usa unha persoa. Exem. Que pé gastas?
[Subject: Household Utilities]
- Parte da cama oposta á cabeceira.
- A CATRO PÉS: Gateando
- CAER (A ALGUÉN) A ALMA ÓS PES: Levar unha desilusión moi grande.
- DE PÉ, EN PÉ: En posición vertial ou erguida, apoiándose nos pés.
- CO PÉ DEREITO: Felizmente, con boa sorte.
- CO PÉ ESQUERDO: Infelizmente, con mala sorte
- DAR COS PÉS NO CU: Correr moito
- DAR PÉ: Dar motivo ou ocasión.
- DE A PÉ: Que non vai en cabalgadura nin en vehículo. Andando. Que pertence á xente do común, sen posición destacada.
- DE A PÉ FEITO: Ex profeso, con esa única intención. Exem. Foi de a pé feito ver a súa nai para falar do testamento.
[Subject: General Geography & History]
- Parte inferior dun monte.
Translated by: GUEST USER
Translated in 6 languages