Logos Multilingual Translation
Query the dictionary

Go to Homepage

[Subject: Aves (Birds)]

- A Cotovía cristada ou da Monteira, é unha ave do xénero Galerida, familia dos aláudidos, orde paseriformes, de 17,5 cm de lonxitude e 34 cm de envergadura. É unha ave non migratoria que se distribúe por Europa e o norte de África.
Non presenta dimorfismo sexual. A plumaxe é leonada na parte superior e abrancuxada na inferior. Ten unha crista na caluga longa e pontuda, que recorda a únha monteira -de aí o nome- que alza ou baixa cando esta en repouso. O peteiro é máis longo có da laverca e está lixeiramente curvado para embaixo. Aliméntase de sementes, e, durante a primavera e o verán de insectos que captura na terra. Emite un canto breve e monótono.
Habita en terreos abertos desérticos ou pouco cultivados e terreos areosos. É máis numerosa ata os 500 metros e máis rara por riba dos 1.200 metros. Trátase dunha especie común e en regresión.
A principios de abril pon entre 3 e 6 ovos moi lixados de escuro que eclosionan tras 13 días. As crías abandonan o niño cando transcorreron 10 días e voan ós 20 días. Esta ave efectúa dúas postas anuais.
En España existen dúas especies: a cotovía cristada (Galerida cristata) e a cotovía montesa(Galerida theklae).

Translated by: ANTÓN MÉNDEZ GÁNDARA

  • Synonym: cotovía da monteira
  • Plural: cotovías cristadas

Translated in 29 languages

Go to Homepage

Legend


View word from selected language
Search all matches in the dictionary for the word
Play the sound for the word
Show word's picuture
The word is in children dictionary

Logos Bilingual Dictionaries

You can also access the bilingual dictionaries on your smartphone and mobile.
Select other language combinations from the complete list: